jueves, 30 de octubre de 2014

DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS


Achégase o Samaín e por iso na Hora del Cuento,  contouse "Onde viven os monstros" de Maurice Sendak, onde un neno chamado Max é castigado sen cear polas súas trasnadas, realiza unha viaxe a un lugar fantástico converténdose no rei duns monstros...
Se clicas na imaxe poderás escoitalo...


jueves, 23 de octubre de 2014

LA HORA DEL CUENTO


A partir de agora, todos os xoves xuntámonos todos os primeiros para ver, escoitar e desfrutar dun conto. Algunhas veces será un conto tradicional, un conto de agora, outras, unha historia relacionada coas conmemoracións que esteamos celebrándoas...
Ademáis realizaremos unha actividade de dinamización da lectura para reforzar o aspecto lúdico da lectura e que se así nos motivemos a ler máis e con gañas.

Hoxe comezamos con: Os Barbazóns. Castañas con porco bravo

E para rematar fixemos estas castañas tan bonitiñas!

miércoles, 15 de octubre de 2014

MEL E DÓCE DE MARMELO!!


Probamos mel e dóce de marmelo!!
Sabela tróuxonos para que probáramos mel caseira. Está sacada directamente do panal. Boíiiiiiisima!!
Tamén saboreamos o dóce de marmelo que preparou a súa avoa e a súa nai.




Grazas, a avoa e nai de Sabela!! E a ti tamén, Sabela!!

domingo, 12 de octubre de 2014

ESTAMOS XA NO OUTONO!


Coa chegada do outono, os días son máis curtos, hai novas cores e olores, as follas das árbores caen ao chan , todo cambia!
Por iso, as nenas e nenos de 1º recollimos moitas das cousas que nos trae o outono. Esta é a nosa exposición !








martes, 7 de octubre de 2014

A MOCHILA VIAXEIRA


Este curso, o Equipo de Biblioteca xunto con Pelusiño (a mascota da Biblio), puxo en marcha o programa da Mochila Viaxeira e todos os 1º e 2º imos poder desfrutar del.

Todos os mércores un neno/a de cada aula, de forma rotatoria, levará a mochila para a casa e así poder ler en familia todos os libros que van nela. A idea é que todos poidades ler e pasar un rato lendo en familia. Así que A DESFRUTAR!