martes, 24 de marzo de 2015

PL E PR

Esta semana comezamos a traballar a pl e a pr. Se queres xogar con estos sons, clica nas imaxes.


REPASAMOS A BR E BL

Para traballar un pouquiño mais a br e a bl, podemos xogar con:

                                            


CONTINUAMOS COS ANIMAIS

Agora, estamos a traballar a clasificación dos animais segundo se son domésticos ou salvaxes. Tamén, dividimos os animais segundo sexan mamíferos, aves, peixes, réptiles, anfibios ou insectos. Para repasar todas estas cousas, clica nos distintos enlaces:
 Animais salvaxes Animais domésticos
   
 Clasificación animais- fichas



 Repaso

 Aves
                 
              

miércoles, 18 de marzo de 2015

O SAPO E A PRINCESA

Seguimos co tema dos animais e, esta vez, tócalle aos anfibios. Por iso escolleuse o conto do Sapo e a Princesa. Clica na imaxe para volver a velo.


Ademáis, fixemos un pequeno obradoiro para aprender a facer unha ra de papel. Para ver o titorial:


E así e coma nos quedaron a nós:

Mostrando 20150327_125724.jpg  Mostrando 20150327_123659.jpg

Mostrando 20150327_122555.jpg




lunes, 9 de marzo de 2015

COMEZAMOS COS... PROBLEMAS

Hai dúas semanas, comezamos co traballo de problemas. Para continuar traballando a comprensión e o razoamento matemático na casa, clica nas imaxes de abaixo.

            http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonsagra/aulavirtual/file.php/2/MATE_BASEUNHA/PROBLEMAZOS_No_5_-_1o_BASEUNHA/pro5.html

COCORICO


Este xoves, na Hora del Cuento, escoitamos a historia de Cocorico, unha ave , e de Gato Pelado, un mamífero.  Clica na imaxe para volvelo a ver.


Tamén fixemos os nosos propios monicreques de Cocorico e Gato Pelado. Así quedaron:

 

        

domingo, 8 de marzo de 2015

UN MONTÓN DE ANIMAIS!

Algúns nenos da nosa clase e tamén doutras trouxeron animaliños para que os vísemos e tamén para aprender un pouquiño deles. Grazas

Loreto trouxo unha tartaruga 

Álex colleu un pequeno escaravello                   







Jorge tróuxonos un cágado (renacuajo)

miércoles, 4 de marzo de 2015

COMEZAMOS A ESCRIBIR E LER COAS TRABADAS

Iniciámonos a ler e escribir as trabadas. Comezamos coa BL. Por iso, para traballar xogando con este grupo consonántico clica no xogo:

OBRADOIRO DE TEXTIL


O mércores veu Rebeca, a coordinadora de actividades extraescolares do CEIP Galán, e fixemos un pequeno obradoiro de textil. Aprendemos a facer uns pequenos saquiños para meter as moedas e, quizais, tamén algún billete. Explicounos que era a industria textil, que facían e quen eran os artesáns textiles.

Estas son as nosas achegas artesáns textís:

 

                

lunes, 2 de marzo de 2015

FALAMOS DE...DECENAS E UNIDADES

Neste segundo trimestre, seguimos a falar de decenas e unidades pero agora con números ata o 50. Para xogar un pouco clica:




REPASANDO A PAISAXE

Para repasar o tema da paisaxe, e saber algunha cousiña mais sobre cómo podemos cambiar a paisaxe, clica nas fotos.

           
                                                         

PAISAXE DE COSTA

Hoxe tocou a paisaxe de costa. Vimos todos os elementos que tiña unha paisaxe de costa. Xa sabemos distinguir entre paisaxe de montaña, paisaxe de chaira e paisaxe de costa!
Para repasar e saber un pouquiño mais, preme nos seguintes enlaces: