domingo, 30 de noviembre de 2014

CARTILLAS DE LECTURA

Para todos os que queran repasar a lectura, aquí atopánse varios enlaces a distintos tipos de cartillas. Clica na imaxe correspondente para vela.




jueves, 27 de noviembre de 2014

EU TEÑO ALGUÉN


En Ciencias Naturais, estamos estudando os sentidos e cómo os empregamos. 
Por iso, tamén falamos daqueles nenos e nenas que non poden utilizar un ou varios sentidos porque os teñen danados. Desta forma, traballamos a canción de María Fumaça "Eu teño alguén" tanto de forma escrita como en Lingua de Signos. 


SOFÍA, LA VACA QUE AMABA LA MÚSICA

Este xoves escoitamos e vimos este conto tan interesante. Entre todos, concluimos que o mais importante é que aínda que todos somos diferentes todos temos cousas que aportar. 


Despois, realizamos un retrato persoal de Sofía acompañada por distintos instrumentos de música. Para iso,  axudámonos dun pequeno titorial colgado na rede e que podedes atopar eiquí:

Eiquí están as nosas obras de arte!!




martes, 25 de noviembre de 2014

25 de Novembro, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe celebramos o día contra a violencia de xénero. Na clase explicamos que esta violencia pode darse de distintas formas. Por iso, contamos a historia de Artur e Clementina, dúas tartarugas que sen coñecerse deciden casar e así pasa o que pasa...



jueves, 20 de noviembre de 2014

DE TEATRO... O GATO CON BOTAS


Hoxe vimos no Teatro Colón da Coruña unha obra de teatro dun conto clásico: O Gato con Botas.
Nesta obra había música en directo interpretada pola Orquesta de Cámara Galega. 

Pasámolo moi ben!!

Ademais, fixémonos uns carnés para poder entrar no Teatro:



Tamén tedes eiquí o enlace doutra versión deste conto en debuxos animados, como vimos na Hora del Cuento:

E velaquí están os nosos sombreiros do Gato con Botas:


jueves, 13 de noviembre de 2014

CHEGA O MAGOSTO AO COLE!

O venres 14 celebramos no noso cole o magosto e, para poñernos en liña con esta conmemoración, preparamos na aula esta canción de Jesús Pareja. Gústanos tanto que non a paramos de ver e escoitar o video con estas imaxes tan bonitas!




jueves, 6 de noviembre de 2014

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Vaise aproximando o Magosto e hoxe, na Hora del Cuento, vimos unha pequena obra de teatro e despois o conto da Castaña que rebentou de risa (clica na imaxe se queres volver a velo).


Logo, traballamos un pequeno poema sobre as castañas quentiñas e fixemos o cucurucho das castañas con papel de xornal rachado. Mirade cómo nos quedou!