lunes, 29 de diciembre de 2014

APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE O NADAL




Se queres xogar e aprender cousas sobre o Nadal, clica sobre as imaxes:



REPASAMOS E XOGAMOS EN NADAL


Repasamos o cálculo con estes renos. Axúdalos?




Atención!!. Buscamos as  7 diferenzas entre as imaxes:




Coloca en orde os bonecos de neve. Clica nos bonecos para xogar con eles.  


PREPARADAS AS NOSAS CARTAS!!


O mércores, 17 de Decembro chegou ao noso cole o Carteiro Real para recoller as nosas cartas. Prepáramolas en clase, pensando moi ben o que queriamos e tendo en conta que non podemos pedir moitísimas cousas, pois ten que haber regalos para todos os nenos. Así que, queda aquí unha pequena montaxe coas fotos.


martes, 16 de diciembre de 2014

UN CANTANTE NO NOSO COLE


Hoxe veu ao cole Brais Moran, un cantante galego que está emerxendo con gran forza. Aínda que non puidemos escoitalo en vivo e en directo, si que veu a saludarnos e firmar algún autógrafo! Deixamos o enlace do seu video para escoitalo.


jueves, 11 de diciembre de 2014

O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU


Hoxe, na Hora del Cuento escoitamos o conto de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis. Aínda que xa o coñecíamos, gústanos moito e así aproveitamos para facer unha Carta Especial. 
Para ver o vídeo deste conto, preme na imaxe.

REPASAMOS O C E A QU!


Na outra semana comezamos a traballar as sílabas ca, co, cu, que e qui en galego. Nesta continuamos en castelán. Agora, hai que repasalas un pouquiño! Clica na imaxe para xogar:



martes, 9 de diciembre de 2014

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Mañá día 10 de decembro é o día dos dereitos humanos. Por iso, na clase das abellas puxémonos xa hoxe mans á obra. 
Vimos un vídeo sobre os nosos dereitos, os dos nenos e nenas, e tamén escoitamos unha canción que nos gustou moito. Para volver a velos clica na imaxe correspondente. 








Ademais, fixemos as siluetas de rapaces e rapazas de distintos lugares do mundo para que este mércores facer unha cadea con as dos demais compañeiros do cole. Estes son só algúns deles. A que nos quedaron ben? 


Eiquí están todos colocados no pavillón:




jueves, 4 de diciembre de 2014

A CONSTITUCIÓN


Hoxe, na Hora del Cuento, aprendimos porqué era festivo este sábado, día 6 de Decembro. É o día da Constitución. Agora xa sabemos que é a Constitución e porqué celebramos esta conmemoración. Ademais, aprendimos que o noso país atópase en Europa e que pertecemos a Unión Europea. 

Así, contouse un pequeno conto sobre o libro da Constitución e vimos estes curtos:


Despois, fixemos a bandeira da Unión Europea e inventamos un país e unha bandeira propia!!.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

ERRE QUE ERRE COA R !


Continuamos co r. Para iso, fixámonos cómo a pronunciamos, se suave ou forte, e onde está colocada para escribir r ou rr. Practicamos un pouco mais.


martes, 2 de diciembre de 2014

REPASANDO O APRENDIDO


Para repasar o aprendido en matemáticas ata o momento, quedan estes enlaces.

Números do 1 ao 20: 


 Decenas e unidades:


Sumas de 1 cifra en vertical:

Restas de 1 cifra en vertical e horizontal:



APRENDEMOS MATES!!!


Hoxe aprendemos en matemáticas uns novos signos:

<      que significa  menor que
>     que significa mayor que  
=     que significa igual que

Para seguir practicando na casa, aquí hai un xogo interesante:


lunes, 1 de diciembre de 2014

COMEZOU O PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA PARA PRIMEIRO!!


A partir de hoxe, todos os nenos e nenas de primeiro poderán levar libros prestados da biblioteca do cole!. Os nenos de 1ºB teñen un carné azul co que poden coller libros todos os luns. Pero soamente podemos levar os libros que teñen o texuelo (pegatina no lombo do libro) de cor azul e vermella, pois son os axeitados a súa idade.   

Agora que xa nos explicaron cómo temos que facer cos libros da "biblio" (os nosos dereitos e as nosas obrigas), podemos escoller o conto que máis nos gusta para ler!!. Este é o noso paso pola biblioteca: