jueves, 26 de febrero de 2015

UN, DOUS, TRES... XA!

Esta semana comezamos a entrenar a nosa velocidade lectora. Por iso, iniciámonos nun programa de rapidez lectora donde hai que ler rápidamente e ben 60 palabras en 2 minutos, e así poder pasar a seguinte fase. Cada fase vai aumentando a dificultade. Desta forma, é preciso practicar, en casa, lendo mínimo 10 minutos ao día. 
Pódese escoller unha lista de palabras ou un pequeno texto (4-5 oracións) e cronometrar. Ao día seguinte, volver a ler a mesma lista ou texto de forma máis rápida, intentando baixar o tempo establecido do día anterior. Realizar isto durante 3 o 4 días, de forma que vaia diminuíndo o tempo de lectura. A condición necesaria é que a lectura das palabras sexa correcta, puidendo lelas varias veces ata lelas ben. 

                                           E a entrenar!!

LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA

Na Hora del Cuento, escoitamos o conto de "La pequeña oruga glotona" que trata da metamorfose dunha oruga. Para volver a ver a historia pincha no enlace: 


Estas son as nosas bolboretas despois da transformación na crisálida:

REPASANDO TODAS AS LETRAS

Para practicar e repasar un pouco máis todas as letras dadas antes de comezar cos sinfóns ou trabadas (grupos de consoantes), clica nos distintos enlaces:



                                                            

miércoles, 25 de febrero de 2015

A ALIMENTACIÓN DOS ANIMAIS

Para repasar a clasificación dos animais segundo a súa alimentación, temos o seguinte vídeo:



E para continuar practicando o dado en clase sobre a alimentación, podes clicar nos seguintes enlaces:

    

UNHA ORUGA MOI FEITIÑA

O martes Matías trouxo a clase unha oruga moi feitiña. Fíxoa coa súa nai vendo un vídeo de internet. Por se queredes intentalo, aquí vos deixo o enlace:

martes, 24 de febrero de 2015

PAISAXE DE CHAIRA

Despois de ver a paisaxe de montaña, estudamos a paisaxe de chaira vendo as diferencias entre as dúas.
 Paisaxe de chaira                          Paisaxe de montaña











Para continuar repasando a paisaxe de chaira, clica no enlace:
Resultado de imagen de paisaje de llanura primaria

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de Febreiro, celebramos o Día da Poesía posto que o aniversario de Rosalía de Castro, unha escritora galega moi importante. Por iso, para conmemorar este día, limos  un anaco de "Adiós ríos, adiós fontes" e escoitamos este poema na voz de Amancio Prada. Se queres volver a escoitalo, clica no enlace:
 

OS SERES VIVOS

Estes días, en Ciencias Naturais, aprendemos que os seres vivos (que son as persoas, os animais e as plantas) nacen, medran, aliméntanse, relaciónanse, reprodúcense e morren. Aquí temos dúas imaxes para repasalo:
5.png


 

viernes, 20 de febrero de 2015

A PAISAXE DE MONTAÑA

Despois de estudar e traballar a paisaxe de montaña, podemos ver un vídeo para repasar e aprender novas cousas sobre este tipo de paisaxe:
Resultado de imagen de paisaje de montaña para niños de infantil

Pincha no enlace de abaixo se queres ver distintas paisaxes de montaña:
 

jueves, 19 de febrero de 2015

EL MUÑECO DE NIEVE Y ESTUFA

Hoxe na Hora del Cuento vimos a historia de amor entre o boneco de neve e a estufa. Como todos sabemos, o pasado 14 de Febreiro foi o día dos Namorados e da Amizade. Por iso, falamos deste conto de amor  e escribimos unha pequena mensaxe nun sobre un tanto especial. Para poder volver a ver historia clica nos dous enlaces de abaixo:


Estes son algúns dos nosos sobres:

Mostrando 20150226_131545.jpg   Mostrando 20150226_134108.jpg



miércoles, 11 de febrero de 2015

A PAISAXE

Comezamos tema novo: A Paisaxe
Para irnos adentrando neste tema, pincha nos enlaces de abaixo. 

Resultado de imagen de ABI EL PAISAJE
                                          

martes, 10 de febrero de 2015

CONTACONTOS NO COLE

Hoxe veunos visitar Iago López. Contounos a todos os primeiros a historia de "Augusta e os seus medos". Estuviemos todos moi atentos e pasámolo de medo! 

COMO DEBUXAR UNHA TARTARUGA NINJA

Para aprender a debuxar unha tartaruga ninja, eiquí queda un video que explica cómo facelo:


A CANCIÓN DAS TARTARUGAS E A DOS SUPERHEROES

Para practicar a canción das Tartarugas Ninja, pincha na imaxe:


E para a canción dos Superheroes, coa que se vai a desfilar...


AS TARTARUGAS NINJA EN ACCIÓN!!

Para entrar na pel das Tartarugas Ninja, non hai nada como ver, escoitar, xogar na páxina web das Tartarugas!  Abaixo queda o enlace a súa web oficial.


martes, 3 de febrero de 2015

REPASANDO

Para repasar estas letras, clica nas seguintes imaxes:



XOGANDO COAS LETRAS

Agora que xa demos case todas as letras, clica nas imaxes de abaixo para entrar en distintos xogos e practicar todo o que vimos. 











(No segundo xogo, polo de agora soamente usar nivel  2 e 3)

O MERCADO: TRABALLAMOS OS ALIMENTOS

Estamos a punto de rematar o tema dos alimentos en Ciencias Naturais e, por iso, quixemos poñerlle un pouco de música e traballar a canción de "O Mercado" de María Fumaça. Na imaxe inferior, podedes ver o vídeo coa letra. 


domingo, 1 de febrero de 2015

APRENDEMOS A ESCRIBIR LOS NÚMEROS

Empezamos a escribir os números posto que moitos xa sabemos dicilos, agora hai que tamén aprender a escribilos. Por iso, para lembrar e repasar o aprendido con un pouco de música marchosa, clica na imaxe inferior: