jueves, 29 de enero de 2015

RESTAS PARA MAIORES

Esta semana aprendemos a restar coma os nenos maiores, é dicir, restamos desde o sustraendo. 
Para iso, fixámonos no sustraendo e contamos cantos dedos nos fan falta para chegar ao número do minuendo. Así, preparámonos para cando aprendamos a resta levando.

Para practicar restas, tamén na casa, clica na imaxe inferior: 

PICASSO E A PAZ

Hoxe na Hora del Cuento, aprendimos un montón de cousas sobre Pablo Picasso. Entre elas, coñecimos a súa famosísima pomba da Paz. 

Mostrando IMG-20150129-WA0000.jpg

Ademais fixemos as nosas propias Pombas da Paz, feitas coa silueta das mans e adornada cos versos da canción de Juanes     "Paz, paz, paz".  Para escoitar a canción clica na imaxe de arriba.

A AUGA


Durante o mes de Xaneiro, estivemos a traballar o tema da auga e o seu ciclo. 
Super cute water cycle:)


Por iso, deixamos varios enlaces para ver o ciclo da auga de diversos modos:
Conto narrado

Vídeo só con imaxe:


E para concienciarnos en que non se pode malgastar a auga:


jueves, 22 de enero de 2015

CONSTRUIMOS UNHA PONTE

Hoxe, na Hora del Cuento, desfrutamos dunha historia moi apropiada para estes días, pois achégase o Día da Paz: El Puente.
Aquí queda o enlace para poder volvelo a ver en calquera momento, feito polos nenos e nenas do colexio Al-Andalus de Córdoba.

Ademais, estivemos escoitando, falando e escribindo sobre a canción "Verdad que sería estupendo" de Cómplices (que se oe no conto). Se queres volver a escoitalo preme na imaxe:


E eiquí están as nosas pontes...




CONTINUAMOS COS TRES BANDIDOS

Outra forma de ver, escoitar e desfrutar este conto!



lunes, 19 de enero de 2015

COMEZAMOS A PREPARAR O ENTROIDO!



Como xa eliximos tema do Entroido para o noso cole, Os Superheroes, as clases de primeiro escollimos as TARTARUGAS NINJA. Por iso e para irnos introducindo nas personaxes, clica na imaxe para comezar a pintar online os debuxos destes animaliños tan especiais:

miércoles, 14 de enero de 2015

FREDERICK, UN RATO MOI POETA

Este xoves, para comezar La Hora del Cuento neste 2º trimestre, limos o conto de Frederick de Leo Lionni. Trátase dun rato moi particular que,durante o inverno, cóntalles aos seus compañeiros unhas cousas moi interesantes. Eiquí está o enlace a un vídeo feito por nenos e nenas de Educación Infantil:

www.youtube.com/watch?v=uIHWMznWueM


Ademais, fixemos a Frederick seguindo as indicacións do seu autor, Leo Lionni. Clica na imaxe para ver de novo o titorial (o 2º vídeo):