miércoles, 29 de abril de 2015

UNHA DE PEIXES!

Este xoves escoitamos o conto do Pez Arcoiris. Se queres volver a escoitalo, están aquí os enlaces:

En teatro negro:  


Conto:

martes, 28 de abril de 2015

AS LOCALIDADES: ALDEAS, VILAS E CIDADES

En Ciencias Sociais, estamos tamén a piques de rematar a unidade sobre a localidade. Así aprendimos as diferenzas existentes entre as aldeas, vilas e cidades. Para divertirte un pouco sobre este tema, aquí tes varias actividades:



AS ESTACIÓNS DO ANO

Rematamos o tema de Ciencias Naturais sobre as estacións do ano: cales son, os meses do ano que as comprenden, o tempo meteorolóxico característico delas, os cambios na paisaxe que se producen, a roupa que nos poñemos... Para non esquecerte preme nas imaxes e realiza as actividades:

         
    

REPASANDO A NUMERACIÓN ATA O 99

Estamos a piques de rematar a numeración ata o 100. Por iso, para volver e repasar o aprendido quedan varios enlaces a distintos xogos:



   


 

AGORA, A GL E GR


E, xa case para rematar seguimos a traballar as palabras con gl e gr. Para repasar un anaco:


jueves, 23 de abril de 2015

TÓCALLE A QUENDA A FR E FL

Esta vez tócalle a quenda as trabadas FR e FL. Se queres traballar estes sons, preme na imaxe:



E se queres repasar os demais, aquí tes mais xogos:

                                     

UNHA NOVA FERRAMENTA: O PADLET

Dende hai varias semanas, as clases de 1º e 2º estamos entrenándonos cunha nova ferramenta que crea murais dixitais. Chámase PADLET. 
Nós, como somos a clase das Abelliñas, propuxémonos traballar o tema dos insectos. En canto, teñamos organizado o noso póster dixital, colgarémolo tamén no noso blogue.
Por se queredes saber máis sobre esta aplicación, que se pode baixar gratuítamente desde Google Store, clica no enlace do titorial en castelán. 

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de Abril, celébrase o Día do Libro. No cole, fixemos varias actividades en relación con esta conmemoración:

Traballamos unha canción que trata sobre un bibliotecario, Don Ramón:

Fixemos uns colgaportas para que ninguén nos moleste cando estamos a ler. Leva o debuxo da mascota da nosa Biblioteca: Pelusiño. 

Tamén, realizamos un intercambio de libros entre a rapazada do primeiro ciclo.

                               Un día moi interesante.

lunes, 13 de abril de 2015

A TRABALLAR A CR E CL!

Continuamos coas trabadas e, neste caso, tócalles as formadas con c. Para repasalas, preme nas imaxes.

                   

jueves, 9 de abril de 2015

EL CÓNDOR DE FUEGO

Na Hora del Cuento, escoitamos a historia de "El Cóndor de Fuego". Se queres volver a escoitala, preme no seguinte enlace:



Ademais, se queres tamén escoitar de novo unha versión de "El cóndor pasa", melodía de música tradicional andina do Perú, clica aquí: