viernes, 30 de octubre de 2015

OBRA DE TEATRO NO SAMAÍN

Para celebrar esta conmemoración, vimos unha obra de teatro de bruxas. Aquí están as fotos:
Mostrando 20151029_113936.jpg  Mostrando 20151029_113041.jpg

miércoles, 21 de octubre de 2015

SOPA DE CALABAZA


Na Hora del Cuento, contouse o conto de Sopa de Calabaza unha historia de amigos onde compártese, hai pelexas e reconciliacións arredor da elaboración dunha sopa de cabaza,  unha hortaliza propia do Outono.

Para volvela a escoitar, polos nenos del CEIP Marqués da Estella, preme na imaxe inferior:

PALABRAS SINÓNIMAS

Como vimos en 1º, hai palabras que significan o mesmo aínda que se escriben diferente. Son as palabras sinónimas. 

Por exemplo: flaco e delgado. As dúas son palabras que teñen o mesmo significado pero son palabras completamente distintas.

Para practicar un pouquiño mais as palabras sinónimas:


    




CEN, CEN E CEN!

A semana pasada comezamos coa centena. Por iso, fixemos moitos grupos de cen, descompusimos algúns números, escribimos os seus nomes... E para seguir practicando aquí quedan mais exercicios:
  



                                                   

miércoles, 14 de octubre de 2015

A LÚA

Para aprender e practicar un pouco mais sobre a Lúa, o noso satélite:
                                       



                                             




OS ASTROS: O SOL, A TERRA E A LÚA

Por último, xa dimos a Lúa que é o satélite do noso planeta. Para practicar e diferenciar un pouco entre os astros, quedan aquí estes enlaces:

                               


                                

miércoles, 7 de octubre de 2015

MOVEMENTOS DA TERRA: movemento de traslación

Ademais de moverse coma unha buxaina, A Terra tamén se move arredor do Sol. Para dar unha volta arredor do Sol precisa dun ano (365 días). Este movemento se chama de traslación

Para aprender e memorizar, clica nas distintas imaxes:  


MOVEMENTOS DA TERRA: movemento de rotación

                             
Hoxe aprendimos que o noso planeta, A Terra, móvese coma unha buxaina. É dicir, móvese sobre sí mesma. Tarda todo un día (24 horas) en dar unha soa volta. Ese movemento chámase movemento de rotación.

Para aprender e repasar un pouco mais sobre este movemento:

                              


lunes, 5 de octubre de 2015

AS PARTES DO CORPO

Para repasar un pouquiño as partes do corpo, temos aquí unha infografía en castelán e en inglés:

Infografía educativa en inglés: las partes del cuerpo

domingo, 4 de octubre de 2015

APRENDEMOS O ABECEDARIO

Nestas últimas semanas aprendimos o abecedario, tanto en galego coma en castelán. Os dous teñen as mesmas vogais (a, e, i, o, u) e tamén as mesmas consoantes. A diferenza está é que en galego non temos o j, o k, o w nin o y.   

En castelán:

E en galego:




Para xogar co abecedario en castelán:
 




PALABRAS CON G, GU E GÜ

Repasamos o visto en 1º, e para non esquecernos, revisamos esta regra de ortografía:



E para practicar:

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/01_lengua/03_Recursos/02_t/actividades/ortografia/09.htm

viernes, 2 de octubre de 2015

GIUSEPPE ARCIMBOLDO


Hoxe en plástica, coñecimos a este pintor italiano que realizaba as súas obras pintando froitas, verduras, flores, hortalizas... Todo un tanto peculiar e extraordinario. 
Por iso, e aproveitando que entramos na estación do outono, cos cambios que hai nos menús de alimentación (diferentes froitas, verduras, hortalizas...), ímonos atrever a facer un retrato imitando a Arcimboldo! 

Para ver se nos entra un pouco de inspiración, pincha aquí para ver uns vídeos:




Se queres saber un pouco mais sobre este pintor italiano pica AQUÍ.